martes, 29 de mayo de 2012

Acción de verán


'Acción de Verán' é un programa de actividades de lecer e de voluntariado que ten lugar durante os meses de xullo e agosto. 
Está dirixido a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar. 
Pódese consultar toda a información en: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

martes, 15 de mayo de 2012

VI andaina e VI Subida Rocas - O Eirado

O domingo 10 de xuño disputarase en Esgos a carreira de montaña "VI Subida Rocas- O Eirado". A carreira, de 13 km, seguirá o mesmo percorrido ca en anos anteriores. A andaina (20 km) sairá de Esgos e pasará pola Meiroá, o mosteiro de San Pedro de Rocas, Arcos, Virxe do Monte, Pensos, Fondo de Vila, Casanova, Rebolar, Melón e rematará en Esgos.



Pode consultarse toda a información en: http://www.concelloesgos.com/index.php?id=165.

lunes, 14 de mayo de 2012

17 de maio: dia de...

O xoves, 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz Andrade,  e tamén o Dia de Internet.

Dende a aquí queremos invitarvos a que o celebredes con nós: pásate pola biblioteca a ler, navegar por internet, xogar, etc.

Agardámoste!!

miércoles, 9 de mayo de 2012

Fotos das clases de aerobic

A Asociación de Veciños Rocas está a impartir clases de aerobic para todos aqueles veciños que queiran practicar deporte.
As clases son os martes e xoves de 21 a 22 horas no local social de Vilar. 

Se queres participar aínda estás a tempo, anímate!!!






martes, 24 de abril de 2012

Axuda para sacar o carné de conducir

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha conducción segura e responsable, pon ó alcance dos mozos entre 18 e 30 anos a obtención do carné de conducir, mediante unha axuda de 200 euros.

Requisitos:

  • Ser titular do carné xove
  • Estar en situación de desemprego, cunha antigüidade mínima de 6 meses
  • Non ter a unidade familiar ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM
  • Obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro 
  • Superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria organizado pola DXXV.
Máis información en www.xuventude.net

lunes, 23 de abril de 2012

Comunícate!,


O pasado venres celebrouse en Esgos o obradoiro práctico "COMUNICATE!" do programa "Activa" da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no que participaron 15 mozos/as.

Ó longo dunha hora e media tratáronse temas como: a comunicación verbal e non verbal, a importancia de saber transmitir, cómo transmitir ideas, a xesticulación, o movemento, etc.

Os asistentes recibirán un diploma da DXXV.

miércoles, 11 de abril de 2012

Obradoiro: Comunícate!

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado puxo en marcha o proxecto "ACTIVA" dirixido á mocidade galega. Este programa pretende facer chegar á mocidade, a través dun obradoiro práctico e dinámico, tanto a información sobre os recursos dispoñibles dende a DXXV como formación que lles poda axudar de cara a un futuro.

Dentro dos obradoiros que se ofertan neste programa vaise levar a cabo en Esgos o denominado "Comunícate".
  • Lugar: Local social de Esgos
  • Data: Venres 20 de abril
  • Horario: 17.30 horas.
Nestre obradoiro tratarans temas como: a comunicación verbal e non verbal, a importancia de saber transmitir, cómo transmitir ideas, xesticulación, movemento, estratexias para perder o medo escénico, etc.

Todos os mozos interesados en participar deberán anotarse na biblioteca ou no concello.

miércoles, 28 de marzo de 2012

Clases de inglés

Licenciado en Filoloxía Inglesa ofrécese para impartir clases de inglés en Esgos.

Pódense facer varios grupos segundo as necesidades: de apoio para aqueles alumnos que o necesiten, de perfeccionamento ou de inciación.

En principio as clases serían os sábados, cunha duración de 90 minutos, aínda que tamén se poden impartir pola semana.

O custe das clases é de 35 euros mensuales.

Para máis información chamar ao teléfono 615658459 (Carlos).

martes, 27 de marzo de 2012

Aerobic

A Asociación de Veciños "Rocas" está a preparar un curso de aerobic que comezará o 10 de abril e rematará o 8 de xuño.

As clases impartiranse no local social de Vilar os martes e os xoves de 21 a 22 horas. O custe desta actividade son 10 euros, que deberán ser abonados o primeiro dia.

Os interesados en participar deberán anotarse na biblioteca ou o primeiro dia de clase.

jueves, 15 de marzo de 2012

PROXECTO "DESTINO EMPLEO"

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías - AGESTIC- www.agestic.org, co apoio e cofinanciación do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo - Plan Avanza 2 pon en marcha o proxecto "DESTINO EMPLEO":

Se es unha muller residente en Galicia e queres mellorar as túas habilidades e competencias á hora de atopar emprego ou pór en marcha o teu propio negocio, DESTINO EMPLEO, pódeche axudar.

Totalmente on-line, de forma gratuíta e co apoio de expertos poderás aprender a sacarlle o máximo partido aos portais de emprego, as redes sociais, crearche unha identidade dixital, trucos para os teus CV etc ou ser guiada e asesorada para levar a túa idea de negocio á realidade (plan de empresa, marketing, financiamento, recursos humanos...)

Se estás interesada en participar no proxecto envía un correo a proyectos@agestic.org, indicando o teu nome e apelidos, teléfono e o que prefires (atopar emprego ou pór en marcha o meu propio negocio, só é posible escoller un dos dous)

Data de inicio: Abril 2012, prazas limitadas

Máis información en: www.destinoempleo.org